Publicador de contidos
Publicador de contidos

Derrúbase a fachada dun edificio no centro histórico de Betanzos

Derrúbase a fachada dun edificio no centro histórico de Betanzos

A última chuvia persistente adiantou un final esperado, que chegou nun momento de rúas baleiras

O propietario ignorou a orde de execución emitida en 2022

 

G24.gal 02/03/2024 20:35

A caída da fachada non causou excesiva sorpresa na veciñanza.

"Isto leva así desde hai máis de 20 anos, e como vai chovendo, xa vedes como está cheo de arboredo e vai inchando isto caeu".

A última chuvia, intensa e persistente, adiantaron un final esperado, que, por sorte, chegou nun momento de rúas baleiras, pouco despois das seis da mañá.

"É un perigo, menos mal que foi de noite, que se chega a ser de día podería quedar alguén aí debaixo".

"Esta casa levaba tempo abandonada, creo que había un proxecto, pero ao final, entre Patrimonio, o Concello e propietarios..., supoño que será un conxunto de todos".

As pedras que se desprenderon apenas causaron danos nos dous coches que estaban aparcados fronte á casa. A arquitecta municipal revisou o estado do edificio. O seu informe servirá para que o Concello decida que accións iniciar.

Unha delas podería ser a vía xudicial porque o propietario ignorou a orde de execución emitida en 2022. En Betanzos láianse de que este derrubamento sexa só un exemplo máis do mal estado que presentan moitas construcións da zona histórica.

"É unha pena que estea a zona histórica como está e que o deixen caer como o deixan. En realidade non ten sentido ningún".

A rúa Santiago permanece pechada ao tráfico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade