Derrubamento de 2 hectáreas en Santo Andrés de Teixido
Derrubamento de 2 hectáreas en Santo Andrés de Teixido
A choiva e o terrreo arxiloso son as causas
Para observar dende terra o esborrexamento practicamento so é posbile facelo dende o miradoiro de Chao do Monte. É esa zona marrón máis clariña que se ve baixo a brétema, case dúas hectáreas que se ven máis nítidas nesta fotografías feitas cun dron por Francisco, xeólogo que coñece esta zona perfectamente.
Segundo nos conta Pepe, un veciño da zona, este tipo de desprazamentos son frecuentes.
O punto máis alto do corremento está a 200 metros sobre o nivel do mar. Dada a forte pendente, dun 66 %, nalgúns lugares o terreo afundiuse ata seis metros.
Nesta oacasión o corremento cadrou ben, nunha zona deshabitada, sen casas nin gando, e non houbo perigo.
O desprendemento deixou á vista un río que ía soterrado.