Atopan tres cadáveres nos entullos do edificio derrubado en Badalona
Atopan tres cadáveres nos entullos do edificio derrubado en Badalona
Desaloxaron os edificios lindeiros á construción que sufriu a derruba e nun deles atoparon unha greta
Os Bombeiros da Generalitat atoparon tres cadáveres baixo os entullos do edificio de Badalona (Barcelona) que se derrubou este martes.
Á espera da identificación oficial, todo indica que son os tres veciños que permanecían desaparecidos desde que ocorreu o sinistro.
O interior dun edificio de cinco pisos, o baixo e outros catro, colapsou onte na rúa Canigó de Badalona, ao ceder o forxado da construción.
Durante toda a xornada, os equipos de emerxencia traballaron para localizar tres persoas que vivían no edificio e, finalmente, durante esta madrugada, deron cos corpos entre os cascallos co apoio dunha unidade canina.
“E durante a noite atopamos un primeiro corpo e agora á última hora da mañá outros dous cadáveres. Os corpos están sendo analizados pola Policía Xudicial para confirmar a súa identidade”.
A Badalona, 19 dotacions #Bomberscat seguirem tota la nit retirant runa de l'edifici col·lapsat al c/ del Canigó. Se n'ha tret gairebé mig metre i els dos gossos de venteig del #GRCR revisen la superfície de la runa cada vegada que se'n retira un cert volum o element pesant pic.twitter.com/RVygrwrx27
— Bombers (@bomberscat) February 6, 2024
Segundo informaron os Bombeiros da Generalitat, recibiron o aviso do afundimento sobre as 10:35 horas. O operativo de rescate mobilizou 19 dotacións do corpo de emerxencias e unidades do Sistema de Emerxencias Médicas (SEM) e dos Mossos d'Esquadra.
Treballem en aquest servei (avís 10.35 h), en què ha cedit el forjat de l'edifici afectat, que és de pb+4.
— Bombers (@bomberscat) February 6, 2024
🚒13 dotacions, entre elles #GREC, #GROS, #GRCR en aquest servei.#bomberscat https://t.co/M0nJck6wjD
Os tres falecidos, dúas mulleres e un home, ocupaban vivendas diferentes, e unha delas estaba facendo unha videochamada no momento da derruba.
Sobre as causas que o puideron provocar, o alcalde badalonés indicou que podería ser un defecto nos materiais do teito da terraza do ático. “Polas fotografías que puiden ver, estrañaríame que o edificio poida rehabilitarse, pero ao final serán os técnicos os que acabarán decidindo”.
Os bombeiros desaloxaron tamén os edificios lindeiros á construción que sufriu a derruba, onde ademais nun deles detectaron que se produciu unha greta importante.
Os veciños do edificio sinistrado foron realoxados polo Concello, que decretou tres días de loito e convocou a gardar 5 minutos de silencio esta tarde en memoria das vítimas.