Publicador de contidos
Publicador de contidos

Desartellada unha banda que estafou 100 millóns a máis de 3.000 persoas con criptomoedas

Desartellada unha banda que estafou 100 millóns a máis de 3.000 persoas con criptomoedas

Os investimentos en criptomoedas inexistentes, que normalmente oscilaban entre os 250 e 1.000 euros

Cando a vítima pretendía recuperar o investido, falsos brokers pedíanlle máis diñeiro para poder retirar os fondos

G24.gal 24/04/2023 10:27

A Garda Civil desartellou unha organización criminal internacional acusada de estafar máis de cen millóns de euros a máis de tres mil persoas en todo o mundo con criptomoedas inexistentes, nunha operación na que foi detida unha persoa en Palma de Mallorca.

A operación Mandoa foi levada a cabo por especialistas en ciberdelincuencia da Garda Civil do País Vasco, das Baleares e da Unidade Técnica de Policía Xudicial en Madrid e dirixida polo Xulgado de Instrución número 3 de Vitoria.

A investigación iniciouse tras a denuncia dunha persoa en Áraba que foi vítima dunha estafa ao investir en criptomoedas. A Garda Civil seguiu o rastro das transferencias de diñeiro que tiñan como destinataria a unha empresa situada en Palma de Mallorca.

Esta empresa posteriormente realizaba novas transferencias a países de fóra da Unión Europea, que era o destino final do diñeiro. Ademais do empresario balear detido hai varios imputados en Acerbaixán, Xeorxia, Ucraína, Rusia e Israel.

Nas investigacións púidose constatar que os membros da organización captaban clientes mediante estratexias comerciais agresivas a través de Internet, con chamadas telefónicas, anuncios publicitarios en xornais, mensaxes aos móbiles e outros medios nos que prometían altos rendementos sen risco.

Unha vez que a organización formalizaba o contrato coas súas vítimas para realizar os investimentos en criptomoedas inexistentes, que normalmente oscilaban entre os 250 e 1.000 euros, a organización facilitáballes un acceso a unha páxina web onde se podían consultar os beneficios do seu investimento con falsos gráficos creados para o efecto.

Os investidores recibían constantes chamadas telefónicas en que os falsos brokers informaban dos "enormes beneficios" obtidos e anímannos a continuar cos investimentos inexistentes. Algúns deles chegaron a investir todos os seus aforros.

Cando a vítima pretendía recuperar o investido ou os supostos beneficios obtidos, os falsos brokers pedíanlle máis diñeiro para poder retirar os fondos empregando para iso diferentes escusas, como o pago de impostos ou o peche de balances anuais, co que se producía un segundo engano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade