Publicador de contidos
Publicador de contidos

Desartellada unha rede que cultivaba marihuna nunha granxa de polos no Pereiro de Aguiar

Desartellada unha rede que cultivaba marihuna nunha granxa de polos no Pereiro de Aguiar

Hai catro detidos de nacionalidade albanesa que xa ingresaron en prisión

Os axentes da UDYCO incautáronse de 235 quilos de marihuana. O destino da droga, ademais de Galicia e outros puntos de España, era Holanda

A nave estaba preparada coas últimas tecnoloxías e nela manipulaban xeneticamente as plantas para obter un maior rendemento

G24.gal 11/03/2022 14:14

Usaban como tapadeira unha nave dedicada á cría de polos que, segundo os veciños do Pereiro de Aguiar, estaba sen actividade dende hai un ano e medio. Os axentes da Policía Nacional atoparon dentro das instalacións un laboratorio profesional dedicado ao cultivo intensivo de marihuana, dotado dun sofisticado sistema tanto eléctrico como de illamento e extracción valorado nuns 150.000 euros.

Os integrantes da rede empregaban as últimas tecnoloxías para acelerar o crecemento das plantas. Ademais manipulábanas xeneticamente para obter ata catro colleitas ao ano o que lle reportaría un beneficio duns dous millóns de euros.

As forzas de seguridade incautáronse de 235 quilos de marihuana. O destino da droga era, ademais de Galicia e outros puntos de España, Holanda. Hai catro detidos, de orixe albanesa, que xa ingresaron en prisión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade