Publicador de contidos
Publicador de contidos

Desartellada unha rede que vendía lambonadas con drogas de síntese por Internet

Desartellada unha rede que vendía lambonadas con drogas de síntese por Internet

Na operación detiveron quince persoas e interviñeron 12.000 bolsas de doces e aperitivos empapados con THC

A organización estaba dirixida por un matrimonio holandés, ben posicionado na Costa do Sol

Un dos detidos na operación. Foto: Ministerio do Interior
G24.gal 04/05/2024 12:55 Última actualización 04/05/2024 13:35

A Garda Civil e a Policía Nacional desartellaron unha rede dedicada á venda por Internet de lambonadas impregnadas con drogas de síntese, nunha operación na que foron detidas quince persoas, entre elas os xefes, un matrimonio holandés ben posicionado na Costa do Sol.

Durante a operación realizáronse sete rexistros en inmobles da Costa do Sol (Fuengirola, Mijas, Estepona) e nas illas Canarias (Maspalomas), segundo informa o corpo armado.

As forzas de seguridade interviron 12.000 bolsas de lambonadas e aperitivos empapado con THC (o principal composto psicoactivo que se atopa nas plantas de cánnabis), 281 vapeadores con cánnabis líquidos e 49 paquetes de diferentes pesos que contiñan cocaína no seu interior.

Os axentes bloquearon ademais preto de 620.000 euros en contas nacionais e outras propiedades inmobiliarias valoradas en 1,5 millóns de euros e coches de alta gama. Ademais, agárdase a detención doutro individuo máis.

Os xefes da banda teñen numerosas propiedades e negocios –mesmo un ximnasio- ao seu nome nas zonas de Fuengirola, Mijas e Estepona, e contaban con dous lugartenentes de nacionalidade holandesa, que coordinaban os envíos de todo tipo de substancias.

Modus operandi

O modus operandi consistía en adquirir lambetadas e aperitivos de diferentes lugares, como Holanda, fábricas de Levante ou mesmo da China onde o nome era diferente, que logo contaminaban con cannabinoides.

Utilizaban rochos para almacenar a mercadoría que logo levaban a outros inmobles que alugaran para impregnala con aerosois de preparados psicotrópicos. Os produtos eran comercializados posteriormente en Málaga e Holanda.

Para o envío destas substancias, a organización creara unha empresa que aparecía sempre como remitente. A organización deseñara a mercantilización do narcotráfico a través desta compañía, ao vender as drogas de síntese de xeito encuberto baixo a súa actividade legal declarada.

Os destinatarios da droga abonaban o prezo mediante transferencias bancarias. Durante o período analizado, entrou máis dun millón e medio de euros que a empresa declarou como venda de materias primas químicas, produtos vitamínicos ou deportivos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade