Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un galego, entre os 16 detidos por tráfico de substancias anabolizantes ilegais

Un galego, entre os 16 detidos por tráfico de substancias anabolizantes ilegais

Detidas 16 persoas nas Palmas, Tenerife, Madrid e A Coruña, con doce rexistros domiciliarios practicados

A organización estaba vinculada a movementos ultras de fútbol de carácter violento

A Policía Nacional comisou 250.000 doses e estímase que a organización recibiu preto dunha tonelada nun ano

G24.gal 21/04/2023 10:23

Axentes da Policía Nacional e funcionarios de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria detiveron 16 persoas, unha delas na provincia da Coruña, e outras 5 nas Palmas de Gran Canaria, 8 Tenerife, e 2 en Madrid pola súa presunta participación en delitos de pertenza a organización criminal e contra a saúde pública.

A operación foi desenvolta baixo a dirección do Xulgado de Instrución número 1 de Coslada. 

A investigación iniciouse en abril do ano pasado, cando os axentes tiveron noticias de que se estaría realizando un tráfico de substancias anabolizantes hormonais desde Bulgaria e Portugal a España.

Despois do desenvolvemento da investigación policial constatouse que o receptor dos paquetes que contiñan estas substancias tería ademais relación con grupos de fútbol de ideoloxía radical.

O modus operandi desta organización basearíase na recepción das substancias medicamentosas ilegais (anabolizantes hormonais) que eran enviadas a España desde países como Portugal, Bulgaria ou o Reino Unido. 

Unha vez en España, dúas células da organización, desde as provincias de Madrid e A Coruña, recibían estas substancias e remitíanas ás illas Canarias mediante paquetería postal, tentando eludir os controis fronteirizos, e utilizando a filiación de terceiras persoas.

Case unha tonelada de anabolizantes nun ano

Con este modus operandi, a organización, durante o ano 2022, importaría unha cantidade superior ao 900 kg de anabolizantes, o que proporcionaba aos seus membros inxentes beneficios que sustentaban o alto nivel de vida do que facían ostentación nas redes sociais.

Tras unha investigación que se prolongou durante case un ano, o pasado mércores 22 de marzo estableceuse o dispositivo policial para a detención dun total de 16 persoas e a práctica de 12 rexistros simultáneos nas provincias de Tenerife, As Palmas, Madrid e A Coruña. 

Froito destes rexistros comisáronse unhas 250.000 doses de produtos medicamentosos ilegais de tipo anabólico. De igual maneira, interviñéronse outras substancias estupefacientes, diñeiro en efectivo, material informático que será analizado e abundante documentación sobre os envíos efectuados pola organización.

Os detidos pasaron a disposición xudicial dos diversos partidos xudiciais afectados, sendo a titular do Xulgado de Instrución nº 1 de Coslada (Madrid) o que se encarga da causa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade