Publicador de contidos
Publicador de contidos

Desirée morreu esganada e non por accidente

Desirée morreu esganada e non por accidente

A nai da nena ten un trastorno severo da personalidade que pode derivar nun trastorno delirante e psicótico

Os peritos que declaran no xuízo discrepan: uns din que a enfermidade da nai non ten relación coa morte da nena pero a profesional que a viu en Teixeiro di que o trastorno explicaría un suposto crime 

ANA LOIS 11/02/2022 20:46

Os forenses confirmaron este venres o que xa adiantaron onte os investigadores da Garda Civil. A pequena Desirée morreu esganada e loitando pola súa vida. 

Segundo os forenses que declararon nesta quinta xornada de xuízo, a pequena morreu por "oclusión das vías respiratorias e compresión no pescozo, o que é un estrangulamento. Supuestamente tivo que dar golpes coas mans e neses momentos de loita mancha as mans, neste senso a presenza de sangue indica sinais de defensa".

As probas toxicolóxicas descartan que morrese intoxicada, como mantén a defensa: A cantidade de trazodona que se atopou no seu sangue non era suficiente para matala.

"Non, non hai estudos en nenos pero non sería letal", dixo unha das expertas.

Tres psiquiatras e forenses din que a nai ten un trastorno da personalidade severo que pode derivar nun trastorno delirante e psicótico. Pero non cren que esta doenza teña relación coa morte da nena.

"Nas entrevistas con nós, nunca dixo que á nena a vise rara, extraña, descartamos un delirio de identificación. Nunca nos dixo que a vira en perigo ou que tivese que librala dun sufrimento", din os peritos médicos e psiquiátricos.

Pero a psiquiatra que  a viu en Teixeiro non está de acordo. Cre que a enfermidade de Ana Sandamil si afectaba gravemente as súas facultades e podería explicar un suposto crime.

O xuízo continúa o luns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade