Publicador de contidos
Publicador de contidos

Desmantelan un punto de venda cunha cantidade "importante" de cocaína en Lugo

Desmantelan un punto de venda cunha cantidade "importante" de cocaína en Lugo

Na operación un home foi detido e decretouse o seu ingreso en prisión por delito de tráfico de drogas

As queixas dos veciños, fundamentais para que a investigación se puxese en marcha

G24.gal 17/01/2024 12:06

Desmantelado un punto de venda de substancias estupefacientes no barrio da Milagrosa, na cidade de Lugo. Axentes do Corpo Nacional de Policía interviñeron unha “importante” cantidade de cocaína e substancia de corte, coa conseguinte detención dun home.

O detido foi posto ao dispor xudicial e decretouse o seu ingreso en prisión por un delito de tráfico de drogas. A investigación policial púxose en marcha grazas ás queixas dos veciños da zona a través da Delegación de Participación Cidadá.

Para verificar esa información, axentes que se encargan das pescudas relacionadas co tráfico de drogas puxeron en marcha un dispositivo de vixilancia no barrio.

Ese traballo policial permitiu dar cun punto de venda de drogas na zona norte da cidade de Lugo. No operativo, no que se detivo a unha persoa, foron intervidos máis de douscentos gramos de cocaína e diferentes útiles para a manipulación e venda desta substancia.

Ademais, tamén interviñeron case medio quilogramo dunha substancia utilizada para “cortar a droga”, coa finalidade de sacar un maior beneficio coa súa venda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade