Cargando resultados...
É válido un despedimento por WhatsApp ou por correo electrónico?
É válido un despedimento por WhatsApp ou por correo electrónico?
Xuristas especialistas en asuntos laborais cren que o cesamento por mensaxería é ilegal, pero por correo electrónico si podería admitirse
G24.gal
13/02/2023 14:53
A noticia sempre é desagradable, pero se chega por WhatsApp ou correo electrónico é, se cabe, máis dura. É unha práctica que se está estendendo. No caso do WhatsApp, segundo os xuristas, está claro que se infrinxe a legalidade.
E máis aló do aspecto moral, as empresas si poden despedir con correos electrónicos, sempre que estean autentificados. Se non está certificado, debemos actuar como se non o recibiramos. O empregado pode impugnar.
Se non se cumpren os mínimos en forma e contido, o despedimento será improcedente e o traballador terá que ser readmitido.