Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deteñen no cárcere de Teixeiro o líder dos Latin Kings en España

Deteñen no cárcere de Teixeiro o líder dos Latin Kings en España

 O xefe da banda dirixía a actividade criminal desde a prisión galega

Ten 45 anos e está no cárcere desde 2003 por unha violación ameazando cunha pistola

G24.gal 15/02/2023 13:22

Deteñen na prisión de Teixeiro o líder dos Latin Kings en España, que ten 45 anos e está no cárcere desde o ano 2003 por unha violación ameazando cunha pistola. Coñecido como o Padriño, agora acúsano de seguir dirixindo a organización criminal desde a prisión coruñesa. 

A operación rematou coa detención de polo menos 15 persoas vencelladas coa organización na Comunidade de Madrid. Xunto a Eric Velastegui, as autoridades arrestaron dous dos seus lugartenentes e a súa parella actual.

Os detidos están acusados dos delitos de pertenza a organización criminal, tráfico de drogas, lesións e ameazas, entre outros.

A operación, denominada Torcido, desenvolveuse a raíz dunha investigación iniciada pola Garda Civil en 2021, cando tivo lugar unha liorta entre membros de bandas xuvenís na localidade madrileña de Galapagar. Alí foi onde se pensa que Velastegui fundou a banda latina no ano 2000.

A autoridades policiais detectaran unha reactivación da banda en distintos puntos da Comunidade de Madrid, entre eles en Galapagar, municipio en que se mantén activo o plan antibandas da Delegación do Goberno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade