Detectada unha estafa con sms de avisos por choiva simulando ser da Aemet
A Garda Civil advirte de que non hai que clicar na ligazón e lembra que hai que consultar sempre os medios oficiais

A Garda Civil detectou unha nova estafa a través de sms con avisos por choiva en que envían unha ligazón fraudulenta que dirixe a unha aplicación simulando ser da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) en que se piden datos persoais.
A través da rede social X, a Garda Civil avisa desta nova estafa cunha mensaxe simulando ser da Aemet que sinala: "Prevese unha tormenta severa na súa rexión, Prepárese e mantéñase a salvo. Descargue a APP: hhtps://aemet.blog".
⚠️#AVISO‼️ ¿Has recibido un #SMS como el de la imagen?
— Guardia Civil (@guardiacivil) March 4, 2025
🛑No cliques🛑
ℹ️ Con motivo de los avisos meteorológicos por lluvias se ha detectado una nueva estafa por #sms donde te envían un enlace fraudulento que te enlaza a una aplicación simulando a la Aemet pidiendo tus datos.… pic.twitter.com/TtjCd26tSw
A Garda Civil advirte de que non hai que clicar na ligazón e lembra que hai que consultar sempre en medios oficiais a situación real das estradas (en Informaciondgt@dgtes), o estado do tempo (en @AEMET_Esp) e Protección Civil (@proteccioncivil).