Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan un mozo en Málaga por circular a 300 por hora e difundilo nas redes sociais

Investigan un mozo en Málaga por circular a 300 por hora e difundilo nas redes sociais

Realizaba a condución temeraria nun treito limitado a 100 pola noite, nunha zona sen iluminación e con adiantamentos pola dereita poñendo en perigo a outros condutores

A Garda Civil impútalle un delito contra a seguridade viaria, tras intentar agochar a imprudencia coa transferencia do coche e borrando o contido na internet

G24.gal 08/03/2025 13:34 Última actualización 08/03/2025 13:49

E as condutas temerarias ao volante non cesan. En Málaga investigan un mozo que presumía nas redes sociais mentres circulaba a 300 quilómetros por hora co seu turismo.  O condutor imprudente de 20 anos gravaba mentres circulaba a 300 km/h nun treito limitado a 100, en horas nocturnas, nunha zona sen iluminación e con adiantamentos mesmo pola dereita.

Sucedía en setembro na autovía do Mediterráneo e mesmo poñía en perigo outros condutores. O mozo tras publicar os vídeos transferiu o coche e borrou o contido, pero a Garda Civil deu con el, e agora investígao por un delito contra a seguridade viaria.

A investigación levárona axentes da Unidade de Investigación de Sinistros Viarios da Garda Civil de Tráfico de Málaga, coa colaboración da Policía Local. As dilixencias instruídas xa foron entregadas na Fiscalía Provincial de Málaga (Seguridade viaria).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade