Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detectan cebos para cans con alfinetes no concello de Barbadás

Detectan cebos para cans con alfinetes no concello de Barbadás

G24.gal 12/11/2021 21:33

Saltan de novo as alarmas pola aparición de comida para cans con alfinetes no concello de Barbadás. Este venres, Protección Civil informaba da localización destes cebos na confluencia de dúas rúas da Valenzá. Piden extremar a vixilancia aos donos de animais para evitar calquera perigo. Tamén solicitan a colaboración cidadá en caso de detectar algunha actitude sospeitosa.  

Hai uns días detiñan un home despois de catro anos de investigacións como presunto autor dun delito de maltrato animal por colocar este tipo de engado en Ourense. Prendérono tras collelo en flagrante deixando máis dunha ducia de cebos. Tras pasar a disposición xudicial, o arrestado quedou en liberdade, investigado por un delito de maltrato animal continuado.

"O modus operandi é similar, quizais foi un efecto de imitación. Estamos a facer unha campaña de varrido polas rúas pero non apareceron cebos máis que aquí. Estamos informando á xente polas redes sociais e pola rúa advertindo das precaucións que deben ter paseando os animais", asegura Daniel Rey, xefe de servizo de Proteccion Civil de Barbadás.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade