Deteñen en Culleredo unha doutora que se facía pasar por outra para falsificar receitas
Deteñen en Culleredo unha doutora que se facía pasar por outra para falsificar receitas
Suplantaba a identidade doutra psiquiatra e chegou a emitir unhas 800 prescricións irregulares de psicotrópicos
A Garda Civil detivo en Culleredo unha doutora que se facía pasar por outra psiquiatra e falsificaba receitas de medicamentos. Os investigadores estiman que puido facer 800 documentos irregulares para obter nas farmacias 800 psicotrópicos, ao parecer, para o autoconsumo.
A detida está acusada dun presunto delito continuado de usurpación do estado civil, outro de falsificación de documentos e outro máis de furto. As investigacións comezaron despois de que unha psiquiatra coruñesa denunciara ante a Policía que utilizaran o seu nome e selo de colexiada para expedir receitas deste psicotrópico.
Os axentes descubriron que a detida se presentara en varias farmacias da Coruña, Culleredo, Oleiros e Betanzos para comprar medicamentos, presumiblemente, para autoconsumo.