Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deteñen un home en Nigrán tras acoitelar un veciño porque malgastaba a auga

Deteñen un home en Nigrán tras acoitelar un veciño porque malgastaba a auga

A vítima, de 67 anos, ten feridas no abdome, nun brazo e nun dedo

O agresor, de 86 anos e acusado de tentativa de homicidio, recriminoulle que estivese empregando auga da comunidade para lavar unha caravana

G24.gal 12/05/2022 13:40

Axentes da Garda Civil detiveron un veciño de Nigrán, de 86 anos de idade, como presunto autor dun delito de tentativa de homicidio, tras atacar un veciño cun coitelo despois dunha discusión por malgastar auga.  

Segundo informaron fontes do Instituto Armado, os axentes tiveron coñecemento dos feitos pouco antes das 22:00 horas deste mércores. As primeiras pescudas apuntan a que o agresor mantivo unha discusión co seu veciño, ao que recriminou o consumo de auga para lavar un vehículo. No marco desa rifa, foi a por un coitelo e atacouno con el.

A vítima sufriu cortes en varias zonas do corpo, os máis profundos nun brazo, polo que foi evacuado, primeiro a un Punto de Atención Continuada e logo ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

O presunto agresor foi detido e trasladado ao Cuartel da Garda Civil de Baiona, onde permanece a ser posto a disposición xudicial, medida prevista para este mesmo xoves.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade