Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deteñen o condutor que causou o accidente no que morreu unha embarazada

Deteñen o condutor que causou o accidente no que morreu unha embarazada

O home circulou máis de dez quilómetros en sentido contrario e deu positivo en alcol e drogas despois do accidente

G24.gal 21/10/2024 15:55 Última actualización 21/10/2024 20:33

A Garda Civil detivo este luns o condutor do vehículo que circulaba en dirección contraria e que provocou un accidente de tráfico mortal en Navarrete (A Rioxa).

O coche chocou cun camión e con outro vehículo, no que viaxaba como copiloto unha muller embarazada, que faleceu xunto ao bebé que xestaba. O condutor arrestado deu positivo en alcol de drogas.

O accidente ocorreu cara ás 21:53 horas deste domingo, na Autoestrada Vasco Aragonesa a uns 17 quilómetros da capital rioxana.

O detido, de 46 anos, foi trasladado ao Hospital Universitario San Pedro de Logroño tras o accidente. Despois de recibir a alta foi trasladado ás dependencias da Garda Civil.

Os datos iniciais indican que este condutor circulou polo menos durante dez quilómetros en sentido contrario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade