Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deteñen un limpador nunha residencia de maiores en Vigo por roubar xoias nun cuarto

Deteñen un limpador nunha residencia de maiores en Vigo por roubar xoias nun cuarto

Fíxose cun anel e uns pendentes dunha das usuarias do centro

Vendeunas nun centro de compra venda de ouro pero a policía recuperounas

G24.gal 18/05/2023 10:55

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron un limpador dunha residencia de maiores da cidade como presunto autor do roubo de varias xoias no cuarto dunha usuaria do centro.

O sospeitoso, que levaba poucos meses traballando no servizo de limpeza da residencia, aproveitou que tiña acceso ás habitacións e, en ausencia dunha das usuarias, substraeu un anel e uns pendentes de ouro, valorados en máis de mil euros.

Posteriormente, facéndose pasar polo seu lexítimo propietario, vendeu as xoias nun establecemento de compravenda de ouro, onde foron recuperadas pola policía.

Arrestaron ao home acusado dun delito de estafa e por un furto de xoias, e foi posto a disposición xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade