Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deteñen un veciño de Oia por encerrar sen comida cinco cans que se mataron entre eles

Deteñen un veciño de Oia por encerrar sen comida cinco cans que se mataron entre eles

Segundo puideron constatar os axentes do Seprona, os animais pelexaron entre eles e os superviventes alimentáronse dos restos dos outros ata que finalmente tamén morreron de fame

G24.gal 05/05/2023 10:36

A Garda Civil detivo un veciño de Oia de 35 anos que, presuntamente, deixou cinco dos seus cans sen auga nin comida no interior dun alpendre. Os animais devoráronse entre eles antes de que os sobreviventes morresen de fame.

A detención, segundo informou este venres o instituto armado, correu a cargo do Seprona. Foi unha advertencia dos veciños, preocupados pola situación dos cans e por se lles puidese ocorrer algo, o que levou a localizar o pendello nunha leira situada na parroquia de Doas, en Gondomar.

Unha vez dentro, os axentes comprobaron que os cans, privados de auga e alimento, pelexaron entre elesOs sobreviventes alimentáronse dos cadáveres dos mortos, para finalmente morrer todos eles tamén por inanición.

En total, indica a Benemérita, recuperáronse restos óseos correspondentes a cinco cans de distintas razas.

Segundo o Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía (REGIAC) o dono destes cinco cans consta como propietario dun total de 38 cans, polo que a Garda Civil está a tratar de localizalos.

O detido, que conta con antecedentes por numerosas infraccións á normativa de animais de compañía, sanidade animal e epizootias, foi posto á disposición do Xulgado de Instrución de Garda número 2 de Vigo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade