Cargando resultados...
Detidas dezaoito persoas en Segovia e Madrid por estafaren con tarxetas bancarias
Detidas dezaoito persoas en Segovia e Madrid por estafaren con tarxetas bancarias
Facían compras a través de Internet, pagando con tarxetas de terceiras persoas, á quen lles subtraeran os datos por medio de programas informáticos
A organización chegara a acumular beneficios de ata 87.000 euros
G24.gal
01/03/2023 08:33
A Garda Civil desartellou en Segovia e Madrid unha organización que estafou 137 persoas. Facíano a través de microcréditos de diferentes entidades financeiras. O modus operandi consistía na realización de compras e de créditos a través de Internet, pagando con tarxetas de terceiras persoas, á quen lles subtraeran os datos por medio de programas informáticos.
Hai 18 detidos. A organización fixo uso de máis dun cento de tarxetas bancarias diferentes e conseguiu un beneficio directo de 87.000 euros.