Detidas cinco persoas por unha vaga de roubos na Pobra do Caramiñal

Impútaselles a autoría de 25 delitos de roubo con forza nunha casa habitada, locais de hostalería (bares e restaurantes), vehículos e unha embarcación de pesca

A cuantía do material subtraído durante os roubos supera os 9.000 euros

G24.gal 22/11/2023 10:04

A Garda Civil de Boiro detivo este mércores cinco persoas na localidade da Pobra do Caramiñal (A Coruña) pola súa presunta implicación en varios delitos de roubo en vehículos, vivendas e locais de hostalería entre os meses de setembro e novembro deste mesmo ano.

Ante a "crecente preocupación na comunicade local", a Garda Civil intensificou os seus esforzos nas investigacións, ata que logrou deter aos presuntos autores, que foron postos ao dispor do Xulgado de garda de Ribeira.

Aos cinco detidos, todos eles homes e residentes na Pobra do Caramiñal, impútaselles a autoría de 25 delitos de roubo en diferentes establecementos. O valor dos obxectos roubados supera os 9.000 euros, incluíndo diñeiro en efectivo, bebidas alcohólicas, ferramentas e outros efectos de seguridade marítima da embarcación.

A Garda Civil levou a cabo un rexistro domiciliario nun piso no centro urbano da Pobra, onde residían os detidos, e puideron recuperar o material subtraído durante os roubos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade