Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detidas dúas persoas e investigadas dezaoito por extorsionar usuarios de plataformas web de contido sexual

Detidas dúas persoas e investigadas dezaoito por extorsionar usuarios de plataformas web de contido sexual

A operación arrincou por mor dunha denuncia perante a Garda Civil de Moaña. Os arrestados residen en Valencia e Pobla de Fornals

Posto da Garda Civil en Moaña (Arquivo TVG) Posto da Garda Civil en Moaña (Arquivo TVG)
G24.gal 10/07/2024 13:08

O equipo da Policía Xudicial da Garda Civil de Cangas detivo dúas persoas e investiga outras dezaoito por extorsionar usuarios de plataformas web de contido sexual como integrantes dunha organización delituosa.

A operación, denominada ZACO e da que informou este mércores a Garda Civil, iniciouse por mor dunha denuncia presentada no posto da Garda Civil de Moaña, en Pontevedra, en abril de 2023.

O modus operandi da organización afincada nos municipios de Valencia, Cullera e La Pobla de Farnals, na Comunidade Valenciana, consistía en captar vítimas a través de plataformas de citas de contido sexual, coas que contactaban a posteriori para extorsionalas e esixirlles a realización de diversos pagos en efectivo por supostas molestias ocasionadas ás traballadoras das páxinas de citas.

Durante o transcurso da investigación, os axentes lograron identificar diversas vítimas e tamén os presuntos autores, o cal culminou coa detención o pasado mes de xuño de dúas persoas de 23 e 29 anos, veciños de Valencia e La Pobla de Farnals.

Ademais da investigación das outras 18 persoas, os axentes rexistraron un domicilio de La Pobla de Farnals.

As dilixencias instruídas foron entregadas no Xulgado de Cangas do Morrazo, que se inhibiu no Xulgado de Instrución Número 9 de Valencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade