Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detidos dous homes en Rianxo por un presunto delito de tráfico de drogas

Detidos dous homes en Rianxo por un presunto delito de tráfico de drogas

Están a ser investigados pola suposta venda de estupefacientes nun domicilio en que residían catro persoas adultas e tres menores

G24.gal 11/05/2024 09:55 Última actualización 11/05/2024 10:27

A Garda Civil detivo nas últimas horas dous homes no concello de Rianxo como supostos autores dun delito de tráfico de drogas na comarca do Barbanza.

Segundo informa a Benemérita, están a ser investigados pola presunta venda de estupefacientes nun piso, situado no centro da localidade, no que residía unha familia composta por catro persoas adultas e tres menores.

A operación, denominada Finoca, comezou en decembro do ano pasado polas queixas da veciñanza. No rexistro realizado, as forzas de seguridade incautáronse de preto de 500 doses de cocaína, 7.800 euros en efectivo, teléfonos móbiles, básculas e outros utensilios para manipular a droga.

Os arrestados pasaron a disposición do Xulgado de Instrución número 2 de Padrón, en funcións de garda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade