Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detidas trece persoas por extorsionar usuarios de páxinas web de contactos sexuais

Detidas trece persoas por extorsionar usuarios de páxinas web de contactos sexuais

A organización operaba nas provincias de Sevilla e Valencia

Publicaban anuncios falsos e chegaron a recadar máis de 350.000 euros froito da súa actividade ilícita

G24.gal 27/12/2023 11:02

Trece detidos en Sevilla e Valencia por extorsionar unha vintena de usuarios de páxinas web de citas sexuais. Os detidos publicaban anuncios falsos na rede facéndose pasar por mozas para establecer encontros sexuais.

Na primeira fase da operación a Policía Nacional arrestou o principal investigado, para o que a autoridade xudicial xa ordenou prisión provisional. Os axentes realizaron o rexistro do seu domicilio, onde interviñeron quince móbiles, tres ordenadores, 7.500 euros en efectivo, un vehículo de alta gama e máis de 125 tarxetas de teléfonos.

A organización, unha vez os usuarios contactaban con ela, establecía unha comunicación a través de mensaxería instantánea ou por vía telefónica co obxectivo de obter información sobre eles. Transcorridos uns días, os membros do grupo chamaban por teléfono ás vítimas facéndose pasar polo xefe das mozas e esixíanlles grandes cantidades de diñeiro por facerlles perder o tempo.

A investigación policial viuse dificultada polas constantes medidas de seguridade que tomaban os arrestados. O modus operandi que levaba a cabo esta organización criminal consistía en captar 'mulas' a través de redes sociais, polo que operaban a través de distintas contas bancarias para evitar que se lles vinculase con elas.

Desta forma, valíanse de contas bancarias en liña a nome doutras persoas en que as vítimas ingresaban mediante Bizum ou transferencia o diñeiro procedente das extorsións. Así, unha vez co diñeiro no seu poder, os membros da organización extraíano inmediatamente para ingresalo en contas de bitcoin, branqueábano ou gastábano.

Na segunda fase da operación os axentes centráronse na detención das 'mulas', que poñían á disposición da organización as contas bancarias das que eran titulares.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade