Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido en Arcade o home que intentou atracar unha sucursal bancaria en Vilanova

Detido en Arcade o home que intentou atracar unha sucursal bancaria en Vilanova

As dúas empregadas foron atacada cun spray de gas pementa caseiro

As mulleres puideron avisar do atraco a compañeiros por WhatsApp 

O home permanece detido na comandancia da Garda Civil de Pontevedra, á espera de pasar a disposición xudicial

G24.gal 25/11/2022 14:06

Atraco frustrado nunha sucursal bancaria do concello de Vilaboa, na zona coñecida como O Toural, esta mañá. Un home atacou unha das traballadoras que ía entrar á oficina, forcexou con ela e accedeu ao interior da sucursal, onde xa estaba traballando outra empregada.

Unha vez dentro mollou ás dúas traballadoras cun spray de pementa de fabricación caseira, empurrounas e encerrounas no cuarto de baño. Desde alí as empregadas conseguiron enviar mensaxes a través de WhatsApp e avisar os seus compañeiros, que alertaron aos servizos de emerxencia.

Neste tempo, o home estivo tratando de abrir as caixas da sucursal, pero non o conseguiu, polo que decidiu fuxir sen nada, pero axiña foi detido no concello de Arcade. A Garda Civil axiña deu co fuxido pola completa descrición que fixeron del as dúas empregadas da sucursal bancaria, unha delas directora da oficina.

O home permanece detido na comandancia da Garda Civil de Pontevedra, á espera de pasar a disposición xudicial.

As dúas traballadores están ben, pero tiveron que ser atendidas no centro de saúde por irritación nos ollos debido ao spray de pementa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade