Detido en Mondoñedo un acosador que levaba unha escopeta cargada
Detido en Mondoñedo un acosador que levaba unha escopeta cargada
A Garda Civil detivo en Mondoñedo un veciño do municipio contiguo de Lourenzá, de 58 anos de idade, como suposto autor dos delitos de violencia doméstica, acoso, ameazas e contra a seguridade viaria.
Os axentes do instituto armado trasladáronse ás inmediacións do domicilio da vítima de acoso tras ter constancia de que o presunto infractor estaba no lugar. A ver os axentes, o individuo fuxiu no seu vehículo e non se detivo ata chegar á vivenda que ocupa na actualidade, onde tratou de esconder unha escopeta entre a maleza.
Os axentes comprobaron, cando lograron recuperar a arma, que se trataba dunha escopeta municionada con tres cartuchos.
Ao presentar síntomas evidentes de atoparse baixo os efectos do alcol, realizáronselle as probas de alcoholemia ao suposto infractor, e deu unha taxa de 0,75 miligramos.
Así mesmo, interviñéronselle no interior da vivenda outras tres armas de diversa munición.
A persoa detida foi posta á disposición xudicial.