Detido un veciño de Abegondo por fabricar un subfusil de asalto cunha impresora 3D
Detido un veciño de Abegondo por fabricar un subfusil de asalto cunha impresora 3D
Son igual de letais que as convencionais pero teñen máis riscos: son máis doadas de transportar e son difíciles de detectar
A investigación estivo coordinada polo Xulgado Número tres de Betanzos. Cando detiveron este home. Cando detiveron o sospeitoso no seu taller clandestino tiña o subfusil practicante rematado. O AR9 é un subfusil de asalto que empregan distintos exércitos, tamén a axencia americana que loita contra o narcotráfico, a DEA ou as forzas especiais do exército israelí. No taller tamén tiña outras pezas de armas curtas e armas prohibidas.
O home de 32 anos, sen ningún tipo de antecedente, foi detido en Abegondo acusado de ter un taller clandestino de impresión de armas no seu domicilio. Dispoñía, segundo a Policía Nacional, dun subfusil AR9 fabricado en boa parte con pezas impresas en 3D, a piques de estar rematado. Non saben con que finalidade.
En principio custan de 1.200 euros ata 1.4000 euros no mercado legal, mentres que feitas deste xeito saen nuns 250 euros, con capacidade plena operativa para disparar.
O arrestado tiña tres impresoras 3D de fibra, computadores, planos, documentación, miras telescópicas e armas de aire comprimido. Ademais tiña varias béstas, frechas, navallas e un sabre xaponés. Está acusado dun delito de tenencia ilícita de armas.
"Ten unha vida completamente normal, cun posto de traballo que está orientado á fabricación de pezas metálicas. Preocupounos máis xa que podía facer este tipo de armas de xeito máis eficiente que outra persoa que non tivese os seus coñecementos técnicos".
A investigación iniciouse a principios deste ano cando axentes expertos na vixilancia en Internet detectaron unha canle internacional integrada por usuarios de diferentes países que intercambiaban información sobre armas.