Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido por abandonar 40 días os dous fillos menores sen comida nin cartos en Granada

Detido por abandonar 40 días os dous fillos menores sen comida nin cartos en Granada

Os dous irmáns xa están nun centro de menores dependente da Junta de Andalucía

Cando marchou o pai, só lles deixou "algo de leite e moi poucos cartos"

O home marchara a Marrocos e ao regreso detivérono

Investigadores da Unidade contra as Redes de Inmigración Ilegal (UCRIF) da Policía Nacional /Arquivo Investigadores da Unidade contra as Redes de Inmigración Ilegal (UCRIF) da Policía Nacional /Arquivo
G24.gal 21/01/2023 15:41

Axentes da policía da Unidade contra as Redes de Inmigración Ilegal e Falsidades Documentais detiveron nunha localidade de Granada un home acusado de abandonar os seus dous fillos menores, de 13 e 16 anos, aos que deixou durante máis de 40 días sen comida nin cartos para ir a Marrocos, o seu país natal e no que vive a nai dos nenos.

O detido é un home de 43 anos, un marroquí sen antecedentes e con permiso de residencia en España, acusado de abandonar os seus dous fillos, que quedaron sós no domicilio familiar situado nunha vila de Granada.

Os menores quedaron sós, sen comida nin diñeiro, durante máis de 40 días, o tempo que o detido estivo no seu país.

Trasladáronos a un centro de menores dependente da Junta, despois de que un xulgado en funcións de garda decretase unha orde de afastamento do pai cara aos seus fillos, ademais da prohibición de saír do país.

A investigación comezou cando os axentes da Brigada de Estranxeiría foron alertados por un centro de menores en que compareceron os dous fillos do detido, que chegaron famentos e vestindo pouca roupa, que ademais estaban en mal estado.

Os axentes comprobaron que os menores tiñan residencia legal en España desde o verán pasado, tras ser regularizados e traídos polo seu pai.

Os axentes descubriron que a nai, que non iniciara ningún trámite administrativo para residir en España, permanecera en Marrocos todo o tempo.

O pai marchou tras deixarlles na casa algo de leite e diñeiro e os menores subsistiran grazas á comida que lles daban veciños e o que atoparon no campo, sen que o detido chamase para coñecer o seu estado de saúde durante a súa ausencia.

Máis de 40 días despois da súa marcha, o proxenitor regresou ao domicilio familiar e foi detido e posto a disposición xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade