Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido por roubar diñeiro de caixas rexistradoras en Mesía e Oroso

Detido por roubar diñeiro de caixas rexistradoras en Mesía e Oroso

Roubou en Mesía 2.350 euros e nunha empresa de construción situada en Oroso outros 300

G24.gal 01/06/2023 09:44

A Garda Civil detivo un veciño de Carballo como suposto autor de dous delitos de furto en establecementos das localidades de Mesía e Oroso, A Coruña, nos que se apoderou do diñeiro das caixas rexistradoras polo procedemento do descoido.

A detención produciuse despois destes furtos, ocorridos nos meses de abril e maio, cando o detido, con numerosos antecedentes policiais por feitos similares, que cumpre condena en terceiro grao no Centro de Inserción Social da Coruña, subtraeu primeiramente nun establecemento de Mesía 2.350 euros e posteriormente nunha empresa de construción situada en Oroso outros 300 euros.

Os feitos investigados no marco da "Operación Neniño" presentaban o mesmo denominador común en tanto que o acusado “accedía ao interior dos establecementos sen chamar a atención e dando aparencia de acudir como un cliente máis, aproveitaba o momento en que non había ninguén pendente da caixa rexistradora para apoderarse do diñeiro que había no seu interior”.

O equipo Roca da Compañía de Santiago de Compostela en colaboración co Posto da Garda Civil de Ordes e Sigüeiro esclareceron o caso.

Tras realizar diversas pescudas e visionados das cámaras de seguridade, a Garda Civil conseguiu identificar, localizar e deter o autor dos furtos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade