Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido un garda civil que se atrincheirou durante horas na súa vivenda do Carril

Detido un garda civil que se atrincheirou durante horas na súa vivenda do Carril

A alarma saltou ao romper a pulseira de control que ten que levar por estar acusado de maltrato á súa exmuller

Entregouse ás catro da madrugada, despois da intervención do Grupo Operativo Especial de Seguridade da Policía, GOES

 

 

G24.gal 10/10/2023 14:39

Noite de berros, incerteza e tensión na rúa Travesa da Xalda, no Carril. 

"Empecei a escoitar berros, era o veciño do ático que estaba atrincheirado cunha persoa dentro".

"Escoitamos berros, moitos berros, eu creo que estaba bébedo", comentan os veciños.

O home, un garda civil en activo e sen arma, atrincheirouse durante horas na compaña dunha amiga que, segundo afirma, non estaba retida.

"Ao contrario, el dicíame que marchase e eu díxenlle que non o ía deixar só", di Esther Leonardo, a muller que o acompañaba.

A alarma saltou cando rompeu a pulseira de control de afastamento que ten que levar por estar acusado de maltrato á súa exparella. Os axentes fixeron varios intentos de negociar para que saíse da casa, pero negouse a berros mentres retransmitía o sucedido nas súas redes.

A policía acordoou a zona e alertou os veciños de que baixaran as persianas.

"Saímos a fóra e a policía dixo que nos retirásemos, que podía ir armado".

"Pensamos que podía cometer algunha tolería, unha explosión, abrir o gas, pero os axentes fixeron un bo traballo, tiveron moita paciencia e lograron resolvelo", comentan as veciñas.

Finalmente foi detido polo grupo de operativos especiais da policía, GOES, que logrou que se entregase a iso das catro da mañá sen lamentar feridos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade