Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido un home por agredir un cura na Catedral de Santiago

Detido un home por agredir un cura na Catedral de Santiago

Segundo varias testemuñas, tamén emitiu varias ameazas e berros contra a Igrexa

G24.gal 11/07/2023 13:03 Última actualización 11/07/2023 20:28

O arrestado é un home de 44 anos que supostamente lle deu unha puñada ao crego e tratou de atacalo cun obxecto punzante no pescozo, mentres este daba a comuñón.

Persoal de seguridade da Catedral deu aviso á policía de que tiñan retida a unha persoa que acababa de agredir o sacerdote na cara e no pescozo.

Ademais, as mesmas fontes tamén aseguraron que o presunto agresor golpeou o cura cun obxecto punzante que, ao parecer, era un portaminas.

O relixioso non sufriu feridas graves, pero denunciou os feitos na comisaría. O detido xa foi posto a disposición xudicial. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade