Dez pianos ao unísono na ponte internacional de Tui-Valença do Miño
Dez pianos ao unísono na ponte internacional de Tui-Valença do Miño
Participan un total de 20 pianistas españois e portugueses
A ponte internacional de Tui-Valença do Miño está sendo escenario dun evento inédito. Un concerto con dez pianos soando de maneira simultánea.
Participan un total de 20 pianistas españois e portugueses. Entre eles Marta Bachek, unha pianista de 21 anos que fuxiu da guerra de Ucraína e continúa os seus estudos no Conservatorio de Vigo.
Baixo a dirección de Gabriel Rodríguez tocarán, nos dez instrumentos colocados sobre a ponte, diversas pezas moi coñecidas polo público segundo din os organizadores, aínda que o repertorio mantense en rigoroso segredo.
Este evento forma parte do programa 'O teu Xacobeo' da Xunta de Galicia, e con el arranca a décima edición do IKFM, as siglas en inglés que corresponden ao Festival Internacional de Instrumentos de Tecla.
Antes actuarán As Filhas de Cassandra e o grupo de Valença do Miño Fados a Tal.