Requisadas en Valencia dez toneladas de alimentos non aptos para a venda
Requisadas en Valencia dez toneladas de alimentos non aptos para a venda
Os produtos estaban etiquetados en idioma non europeo e non respectaban as medidas de frío requiridas
A incautación deses dez mil quilos de produtos alimenticios produciuse nun polígono industrial de Manises, na provincia valenciana, debido sobre todo ao seu etiquetado incorrecto.
As etiquetas estaban nun idioma non europeo, un factor que impide que o consumidor poida elixir correctamente os alimentos. Ademais carecían de información sobre alérxenos. Estes dous requisitos son unha esixencia ineludible da lexislación vixente.
Entre eses dez mil quilos de produtos había carnes frescas e conxeladas, peixe e vexetais conxelados, ovo procesado e doces. A Garda Civil explicaba que existían aínda máis deficiencias.
"Unha das cámaras de refrixeración que albergaba produtos para o consumo humano, tanto de orixe animal como de orixe vexetal, non se encontraba en funcionamento neses momentos. Tamén había produtos cunha data de caducidade e consumo preferente que xa expirara", aclaraba María Escudero, voceira da Garda Civil.