Dez voos cancelados e 14 atrasados no inicio da segunda quenda de folga dos tripulantes de cabina de Ryanair
Dez voos cancelados e 14 atrasados no inicio da segunda quenda de folga dos tripulantes de cabina de Ryanair
Dez voos cancelados e 14 atrasados no inicio da segunda quenda de folga dos tripulantes de cabina de Ryanair
Durante as primeiras horas de mobilización foron cancelados 10 voos desde os aeroportos de Barcelona e de Málaga
Os tripulantes de cabina da compañía aérea Ryanair inician este xoves unha nova quenda de folga, nesta ocasión de tres xornadas consecutivas, para reclamar un novo convenio colectivo.
Durante as primeiras horas de mobilización foron cancelados 10 voos desde os aeroportos de Barcelona e de Málaga.
No aeroporto catalán suspendéronse as conexións coa cidade danesa de Billund, con Cracovia, en Polonia, e con París, tanto de ida como de volta.
"Tiñamos o voo a Cracovia ás 6:25 da mañá e viñemos. Non nos avisaron ata as oito menos cuarto de que estaba cancelado, que se cancelaba".
"Sabiamos que había folga, íamos a Málaga e tiñamos a necesidade de coller o voo pero non atopamos con que estaba cancelado".
Desde a capital da Costa do Sol canceláronse os voos que conectan con Berlín e a illa de Gran Canaria, tamén de ida e volta. Os atrasos afectaron outros 14 voos con saída desde o Prat, Málaga, Palma de Mallorca, Madrid, Sevilla e Eivisa.
"Polo de agora está atrasado pero cada vez que o miro atrasa un pouco máis, espero que non se cancele".
Os servizos mínimos fixados, entre o 36 e o 80 por cento dependendo da distancia e do transporte alternativo dispoñible, son os mesmo que os da a semana pasada durante a primeira quenda de folga e que foron cualificados de abusivos polos sindicatos convocadores.