Publicador de contidos
Publicador de contidos

Científicos do CSIC de Vigo analizarán o estado do cabaliño de mar na costa española

Científicos do CSIC de Vigo analizarán o estado do cabaliño de mar na costa española

Os resultados obtidos permitirán xerar mapas, áreas críticas destas especies e, sobre todo, pór en marcha medidas de conservación dunha especie vulnerable

G24.gal 28/02/2024 21:34 Última actualización 28/02/2024 21:48

Son expertos na camuflaxe e logran confundirse co medio para pasar desapercibidos. En Galicia existen dúas especies de cabaliños de mar. Agora un proxecto do CSIC financiado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica estudará estas e outras poboacións en todo o litoral español. xa que hai moi pouca información para unha especie de vital importancia. Jorge Urcera, investigador do IMM do CSIC:

"Viven asociados a pradeiras de vexetais que serven a súa vez de nicho ecolóxico doutras especies con valor comercial, coma o choco, o polbo e moitos tipos de crustáceos".

Ese estudo, de doce meses de duración, reportará información moi importante do estado das poboacións salvaxes. E para iso contarán coa axuda de mergulladores, entidades e confrarías de pescadores, para poder chegar a todos os recunchos da costa, que poderán subir a unha plataforma.  Sira Pereira, investigadora do IMM do CSIC:

"Se teñen unha fotografía, fantástico; se teñen datos do tipo de fondo e do tipo de hábitat, xenial, ou da profundidade do sitio xeográfico onde se atopa".

O proxecto, que xa botou a andar, presentouse esta tarde en Vigo. Estará pilotado dende aquí. Toda a información servirá para determinar cales son as áreas críticas destas poboacións, castigadas pola contaminación e o cambio climático, e permitirá levar a cabo medidas de conservación.

Son especies vulnerables que viven a uns catro e dez metros de profundidade. Con todo, na baía de Cádiz xa atoparon exemplares destes cabaliños a uns cen metros ao fondo. Un récord mundial dentro desta especie e unha información moi valiosa, chea de incógnitas, que terán que descifrar. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade