Publicador de contidos
Publicador de contidos

Disputa entre Grecia e Turquía pola chegada de migrantes espidos á fronteira

Disputa entre Grecia e Turquía pola chegada de migrantes espidos á fronteira

A ONU pediu unha investigación sobre o sucedido

Os migrantes contaron que os abandonaran as autoridades turcas Os migrantes contaron que os abandonaran as autoridades turcas
G24.gal 18/10/2022 08:01

Aumenta a tensión política entre Grecia e Turquía despois de que durante a fin de semana o país heleno rescatase noventa e dous migrantes espidos na fronteira que separa os dous países polo río Evros. 

Ao seren rescatados, declararon que foran trasladados en vehículos das autoridades turcas e abandonados espidos. A ONU xa pediu que se abra unha investigación sobre o sucedido.

Grecia acusa a Turquía dun comportamento medieval. Os turcos negan que empurrasen os migrantes cara a Grecia e acusan a Atenas de calumnias. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade