Cargando resultados...
Máis de 4.000 cruceiristas enchen as rúas, comercios e locais de hostalería da Coruña
Máis de 4.000 cruceiristas enchen as rúas, comercios e locais de hostalería da Coruña
En maio o porto recibirá un total de 20 cruceiros, sendo o mes máis demandado
G24.gal
25/05/2023 14:32
Última actualización 25/05/2023 14:43
Aluvión de cruceiristas na Coruña cun total de 4.250 pasaxeiros que desembarcaron á primeira hora da mañá deste xoves. Uns optaron ir por visitar Santiago de Compostela e outros quedaron na cidade herculina para coñecer os principais puntos de interese turístico.
E aínda teñen tempo para pasear gozando deste día solleiro e facer algunhas compras. E non renuncian tampouco a coñecer a nosa excelente gastronomía.
Neste mes de maio o porto da Coruña recibirá un total de 20 cruceiros, posicionándose como o mes máis demandado no peirao herculino.
Para xuño, o calendario é de 14 buques e unha dobre escala.