Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dous detidos nun novo operativo contra o tráfico de drogas en Santiago

Dous detidos nun novo operativo contra o tráfico de drogas en Santiago

Os axentes atoparon un quilo de cocaína no seu coche e máis de 12.000 euros en efectivo na vivenda dun dos detidos

G24.gal 13/02/2023 10:59

Axentes da Policía Nacional detiveron dúas persoas nun operativo contra o tráfico de drogas en Santiago de Compostela despois de atopar no seu coche un quilo de cocaína e máis de 12.000 euros en efectivo na vivenda dun dos detidos. 

Foi nun dos dispositivos que a Policía Nacional de Santiago está a realizar no marco do Plan de resposta policial contra o tráfico ao por menor e consumo de drogas.

Nesta ocasión, a actitude dos dous ocupantes do vehículo alertou os axentes na zona sur da cidade. Tras darlle o alto e un exhaustivo rexistro do coche atoparon a droga oculta nun dos laterais da porta traseira.

Un ladrillo dun quilo de cocaína que podería superar no mercado as 40.000 doses cun valor superior aos 50.000 euros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade