Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dous estafadores foxen dunha gasolineira despois de non conseguir o seu obxectivo

Dous estafadores foxen dunha gasolineira despois de non conseguir o seu obxectivo

Intentaron encher o depósito de combustible e marchar sen pagar na Pobra do Caramiñal

Finalmente fuxiron con produtos que roubaran na tenda

G24.gal 10/06/2024 16:50

Alerta entre os traballadores das áreas de servizo ante unha nova estafa. Os delincuentes xa a puxeron en práctica na Pobra do Caramiñal.

Foi a media mañá, chegaron dous homes nunha furgoneta branca e pediron que lles encheran o depósito. Ata aquí todo encaixa co día a día desta gasolineira da Pobra. Pero a cousa torceuse cando chegou o momento de cobrar.

"Non ía a tarxeta, probaron a pasala en dúas ou tres ocasións e nada. Incluso fixo como que chamaba á banca electrónica, e que lle dicían que tiña a tarxeta bloqueada temporalmente", comenta o xerente da gasolineira.

Tampouco tiñan efectivo, e pretendían marchar buscalo e volver despois. Pero aquí xa tiñan a mosca tras a orella, así que non os deixaron ir. Pedíronlles que apartaran o vehículo para extraerlle o combustible.

Foi a primeira vez que actuaron aquí, pero podería tratarse dun modus operandi xa coñecido polas forzas da orde.

E ao revisar as gravacións das cámaras de seguridade, aínda levaron outra sorpresa: mentres un enredaba co do pagamento frustrado, o outro colleu produtos da tenda. A Garda Civil ten aberta a investigación dos feitos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade