Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dous menores quedaron feridos graves nun atropelo en Albacete

Dous menores quedaron feridos graves nun atropelo en Albacete

As vítimas do accidente son un neno de 9 anos e unha nena de 12

Cruzaban un camiño cando un coche que circulaba a moita velocidade os levaba por diante

O condutor está identificado

G24.gal 14/05/2023 20:43 Última actualización 14/05/2023 21:01

No barrio La Pérgola de Albacete un sinal indica a velocidade máxima á que circular e advirte da posible presenza de menores na rúa.

Aínda así, esta fin de semana dous pequenos, un neno de 9 anos e unha nena de 12, foron atropelados neste camiño. Quedaban feridos graves e foron evacuados ao hospital Xeral de Albacete.

Segundo testemuñas, os dous menores, que son curmáns, cruzaban o camiño cara á outra beira para visitar uns familiares, cando un coche que circulaba a alta velocidade os levaba por diante.

"O coche viña por aquí, circulaba de 70 para arriba, ía chamarlle a atención, dicirlle que non se podía ir así de rápido, cando xa levaba o neno ata alí e a nena levouna ata preto daquela porta, levábaa no capó e ao frear... é que ía moi forte", relata Antonio Martínez, tío avó dos nenos atropelados.

O neno de 9 anos permanece ingresado, grave pero estable, na unidade pediátrica do hospital de Albacete. A nena xa recibiu a alta. A Policía mantén aberta unha investigación. O condutor está identificado, pero non detido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade