Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dous senegaleses e un mozo da Coruña salvan dous bañistas de morrer afogados a carón da coiraza do Orzán

Dous senegaleses e un mozo da Coruña salvan dous bañistas de morrer afogados a carón da coiraza do Orzán

Malia que na praia había xente, eles foron os únicos que responderon á chamada de auxilio

G24.gal 28/05/2024 15:09 Última actualización 28/05/2024 22:38

Julián ía polo paseo marítimo da Coruña cando a altura da coiraza do Orzán viu un bañista en apuros pedindo axuda. Eran as sete da tarde deste luns e o mar estaba moi revolto. Non o dubidou e botouse á auga.

Non foi o único que se adentrou no mar para socorrer ao bañista en perigo. Outros dous mozos senegales, que nos atenden nas instalacións da ONG Ecodesarrollo Gaia, tamén participaron no rescate.   

"Había perigo, pero non eran tanto as ondas como a profundidade onde estaban metidos os dous bañistas". "Había perigo, pero nós na cabeza temos metido que hai que axudar", comenta un deles.

E tras moito esforzo, conseguiron arrastralos ata a beira. Comprobaron que estaban ben e fuxiron á carreira.

"Están en situación administrativa irregular e sempre teñen pánico a que os prenda a policía e os devolva ao seu país", explica Guillermo Fernández Obanza, secretario da onegué Ecodesarrollo Gaia.

Agora, estes dous mozos súmanse á listaxe dos heroes senegaleses que se poñen en risco para protexer os demais sen importarlles as súas conscuencias. Outro caso coñecido é o de Ibrahima e Magatte, que lograron protexer a Samuel Luiz.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade