Cargando resultados...
Dous veciños de Ourense, investigados por roubar 2.000 quilos de patacas en Sandiás
Dous veciños de Ourense, investigados por roubar 2.000 quilos de patacas en Sandiás
O valor das patacas podería ascender aos 600 euros
Roubo de patacas
G24.gal
17/11/2023 12:14
Están a ser investigados dous homes ourensáns de 29 e 30 anos como presuntos autores dun roubo de patacas, concretamente nunha leira de Sandiás (Ourense). Un feito que se remonta ao 6 de outubro.
A Garda Civil xa tomou declaración a ambos investigados por delito de furto. Foron identificados pola denuncia dun veciño que os viu no momento que entraban na leira.
O valor das patacas podería ser de 600 euros, mais, segundo o dono, os danos causados á leira estarían nuns 500 euros.