Cargando resultados...
Douscentos empresarios católicos debaterán en Santiago sobre ética e responsabilidade
Douscentos empresarios católicos debaterán en Santiago sobre ética e responsabilidade
Entre os asistentes están o nuncio do papa, o presidente da Conferencia Episcopal ou o presidente da CEOE
O encontro arranca o venres
G24.gal
11/04/2024 20:38
Última actualización 11/04/2024 20:50
Máis de 200 empresarios católicos participarán a partir de mañá nunhas xornadas en Santiago sobre ética, responsabilidade e ben común.
Boa parte deles xa están en Compostela e asistiron esta tarde á misa do peregrino. Entre os asistentes, figuran o nuncio do papa Bernardino Auza, o responsable da Conferencia Episcopal Luis Argüello ou o presidente da CEOE Antonio Garamendi.