Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dúas mulleres quedaron feridas ao impactar un coche cunha terraza dun bar na Merca

Dúas mulleres quedaron feridas ao impactar un coche cunha terraza dun bar na Merca

Unhas atropeladas resultou ferida de consideración

O condutor do coche puido despistarse na manobra

G24.gal 22/03/2023 15:52 Última actualización 22/03/2023 21:23

Co suceso do atropelo mortal na terraza de Vilaboa aínda moi fresco, outro coche volvía irse contra outra terraza. Desta volta foi na Merca. 

O coche estaba estacionado preto do bar, ao arrancar, parece que o condutor puido confundir a marcha e acabou batendo contras as mesas e as cadeiras.

O condutor ten uns 80 anos e resultou ileso, pero quedou moi afectado. 

Na terraza había tres mulleres, a unha deulle tempo a escapar do coche, ás outras dúas non, fóronlle enriba as mesas e as cadeiras.

Tiveron que ser trasladadas ao hospital, unha delas con feridas de consideración. Os danos materiais causados polo accidente, foron, segundo a dona, escasos.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar