Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dúas vivendas incomunicadas por mor do derrubamento dun camiño en Porto do Son

Dúas vivendas incomunicadas por mor do derrubamento dun camiño en Porto do Son

As veciñas afectadas denuncian que agora teñen que aparcar a uns 100 metros das casas e cando se fai de noite percorrer o camiño ás escuras porque non hai iluminación pública

O firme do camiño fendeu e parte da pista derrubouse por mor da intensa chuvia
G24.gal 03/01/2023 13:06

En Porto do Son a chuvia causou o derrubamento do camiño de acceso a dúas vivendas. As veciñas afectadas denuncian que agora teñen que aparcar a uns 100 metros das casas e cando se fai de noite percorrer o camiño ás escuras porque non hai iluminación pública. Urxen a reparación da pista por parte do Concello.

Hai xa dez días que a chuvia intensa provocou o derrubamento dun muro e con el caeu parte da pista de acceso a dúas vivendas desta aldea de Abuín, en Porto do Son. Desde entón teñen que deixar os coches nun predio que lles cedeu un veciño.

As afectadas, que non quixeron falar diante da camara, quéixanse dos inconvenientes que lles xera esta situación. Ao non poder chegar cos coches á casa teñen que cargar coa compra, por exemplo, ou cando se fai de noite, percorrer o camiño ás escuras porque non hai iluminación pública. Urxen que o Concello acometa as obras de reparación canto antes, unha demanda que o resto de veciños apoian, malia que non lles afecte.

Desde o concello de Porto do Son aseguran que están traballando xa no proxecto de reparación pero que se demorou estes días por mor das festas do Nadal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade