Publicador de contidos
Publicador de contidos

Embarcamos coa Garda Civil nunha xornada de control por mar de lanchas de recreo

Embarcamos coa Garda Civil nunha xornada de control por mar de lanchas de recreo

A presenza destas embarcacións preto das zonas de baño adoita xerar conflito, sobre todo nas praias que non teñen balizas 

A campaña está activa ata o vindeiro 15 de setembro

Os controis marítimos da Garda Civil a lanchas de recreo aumentan no verán
G24.gal 19/07/2024 10:48

Ao igual que nos controis de Tráfico, o primeiro nestas inspeccións flotantes é asegurarse de que os papeis do barco e do patrón están en regra. Só que neste caso se entregan nun trueiro.

Este iate fondeado en Mera ten a documentación e o seguro en regra, así que toca revisar agora se ten a bordo todos os elementos de seguridade obrigatorios. A falta de chalecos ou o exceso de ocupantes son frecuentes entre os mariñeiros de bañador.

A campaña céntrase nas embarcacións deportivas e de lecer e ten un apartado específico para as motos de auga. A súa presenza preto das zonas de baño adoita xerar conflito, sobre todo nas praias que non teñen balizas. 

A falta de inspección técnica, a condución nocturna ou o exceso de velocidade son outras das infraccións sancionadas na campaña, que se prolonga ata o 15 de setembro en todo o litoral galego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade