Publicador de contidos
Publicador de contidos

Encalla nas rochas da costa de Camariñas un pesqueiro con dous tripulantes a bordo

Encalla nas rochas da costa de Camariñas un pesqueiro con dous tripulantes a bordo

Os mariñeiros conseguiron saltar á terra

G24.gal 05/03/2024 18:02 Última actualización 06/03/2024 14:12

O pesqueiro Nuevo Jormar encallou nas rochas da costa do municipio coruñés de Camariñas con dous tripulantes a bordo que lograron saltar á terra sen sufrir feridas.

O incidente tivo lugar ás 16:00 horas deste martes na zona do porto de Santa Martiña.

Saíran como cada día pescar robaliza cando un fallo mecánico os deixou sen temón. Quedaron á deriva e o mar de fondo arrastrounos cara a esta zona de rochas. A súa experiencia permitiulles salvarse tras tirarse ao mar e alcanzar as rochas.

"Iba largar o aparello e seica que tivo un fallo no motor e iba cara as rochas detrás do muelle. Estaba moi malo e tiveron que tirarse ao mar", explica Petroio, un mariñeiro xubilado que presenciou o sinistro.

Xa a salvo, son rescatados por outra embarcación, que finalmente tamén logra remolcar o Nuevo Jormar. Este era o momento captado polos numerosos veciños que se xuntaron tratando de tender unha man.

"Colleu o cabo e remolcarono ata aqui e menos mal, tuvo sorte senón rompía contra as rochas", asegura Petroio.

Xa en terra, son visibles no seu casco de fibra os danos que sufriu o Nuevo Jormar tras estar batendo contra as rochas. Hoxe o armador retiraba os aparellos do mar, aínda co susto no corpo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade