Publicador de contidos
Publicador de contidos

Entran roubar en dúas igrexas de parroquias de Palas de Rei

Entran roubar en dúas igrexas de parroquias de Palas de Rei

Na de San Xurxo levaron un cáliz valorado en 1.800 euros

En Felpós non levaron nada pero os veciños teñen medo

G24.gal 11/06/2024 13:15

A igrexa de San Xurxo de Augas Santas foi a peor parada. Os ladróns tentaron primeiro forzar a porta lateral cunha pata de cabra e, ao non conseguilo, aproveitaron os buratos de esmolas que hai na principal para acceder ao interior do templo. Levaron un cáliz valorado en 1.800 euros e algunhas moedas que deixan os fregueses e os peregrinos que visitan a igrexa cando está aberta. Os veciños amósanse preocupados porque os ladróns actuaron preto das vivendas.

"Tiñámoslle moito cariño o cáliz que roubaron porque era historia da parroquia".

En Felpós, os amigos do alleo aproveitaron que a igrexa está illada e puideron actuar máis confiados. Forzaron a porta lateral, que aínda non se reparou, e remexeron no interior, pero non atoparon ningún obxecto de valor nin cartos en efectivo. Nin sequera colleron o botafumeiro. Pero os veciños están moi preocupados por se poden volver e por se deciden entrar nas casas en lugar de na igrexa.

"Poden volver en calquera momento porque isto está moi apartado".

"Hai xente que di que quere entrar ver a igrexa pero non sabemos para que".

A Garda Civil traballa coa hipótese de que os autores de ambos os dous asaltos foron os mesmos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade