Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno ábrese a negociar o adianto da xubilación no mundo do mar

O Goberno ábrese a negociar o adianto da xubilación no mundo do mar

Escrivá dixo que en 2022 os autónomos pasarán a cotizar polos seus ingresos reais e o réxime do mar incluirase nese novo modelo

G24.gal 12/11/2021 08:09

O modelo de seguridade social nas actividades con particular penosidade, como o marisqueo, será revisado o ano que vén no obxectivo de lograr un sistema máis xusto, equitativo e sostible.

Díxoo o ministro José Luis Escrivá na súa intervención no Foro Mar organizado polo Unión Profesional de Traballadores Autónomos.

Escrivá dixo que en 2022 os autónomos pasarán a cotizar polos seus ingresos reais, e o réxime do mar incluirase nese novo modelo.

Os organizadores do Foro pedíronlle que se amplíen os coeficientes redutores da idade de xubilación dos mariscadores polas duras condicións do seu traballo.  O ministro amosouse disposto a canalizar esas reivindicacións, polas que, dixo, ten a máxima simpatía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar