Publicador de contidos
Publicador de contidos

España consegue no baloncesto feminino 3x3 a súa terceira prata nos Xogos

España consegue no baloncesto feminino 3x3 a súa terceira prata nos Xogos

España cae derrotada ante Alemaña (17-16) tras un partido moi igualado 

As xogadoras españolas chegaron a ir vencendo 4 puntos por riba na metade do partido

FONTE: EFE FONTE: EFE
G24.gal 05/08/2024 22:27

A selección feminina de baloncesto 3x3 tivo que conformarse coa prata tras caer na final ante Alemaña (17-16).

O encontro comezou moi igualado e sen un claro dominador. Alemaña púxose por riba no electrónico, tras un parcial inicial de 3-0. As xogadoras españolas souberon reaccionar e por medio dunha canastra e un tiro adicional de Gracia Alonso conseguía igualar o partido.

A intensa defensa das alemás impediulle a España anotar con facilidade na pintura, véndose obrigada a lanzar fóra do semicírculo. O acerto de Vega Gimeno desde a liña exterior permitiu que España se fixese co control, sacándolle a Alemaña unha vantaxe de 4 puntos ao termo dos primeiros 5 minutos.

O equipo teutón comezou a carburar e conseguiu igualar o encontro. O tempo pasaba e as imprecisións de ambos equipos multiplicábanse. Cando apenas faltaban 10 segundos para o remate da final, Alemaña vencía por 17 a 16. A pesar de lanzar un último tiro, España non puido anotar o décimo sétimo punto, caendo derrotada.

A delegación española consegue unha prata máis, e suma así a súa undécima medalla en París.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade